Tuesday 14 de May de 2024

O Concello activa os servizos especiais de autobuses con motivo das Festas de María Pita


 

Os servizos de reforzo habilitaranse para os concertos na Praza de María Pita, Festival Noroeste Pop Rock e Batalla Naval

Desde o Concello infórmase dos servizos especiais que se habilitarán con motivo das Festas de María Pita 2019.

Concertos na Praza de María Pita

Os días 1, 2, 3 y 4 de agosto ao remate dos concertos, previsto ás 00.30 horas, haberá un dispositivo especial con saídas desde Porta Real, consistindo en:

• Unha liña identificada como 1 que dará cobertura ás zonas da Palloza, Gaiteira, Os Castros, Castrillón e Avda. de Monelos.

• Unha liña identificada como 1A para as zonas de Catro Camiños, Salvador de Madariaga, Matogrande e Eirís.

• Unha liña identificada como 3A que dará servizo ás zonas de Labañou e Los Rosales.

• Unha liña identificada como 6 que sairá de Porta Real e entrará por Juana de Vega a Plaza de Pontevedra, Avda. de Finisterre, Ventorrillo e Meicende.

• Unha liña identificada como 7 que sairá de Porta Real e entrará por Juana de Vega para dar servizo ás zonas de Peruleiro, Ronda de Outeiro, Ventorrillo e Villa de Negreira.

• Unha liña identificada como 11 que sairá de Porta Real e entrará por Juana de Vega, Praza de Pontevedra, Juan Flórez, Pla e Cancela para dar servizo á zona dos Mallos.

• Unha liña identificada como 21 para dar cobertura a Ramón e Cajal, Pablo Picasso, Birloque e Novo Mesoiro.

A partir da 01:30 horas entrarán en servizo os dous “Búhos”, un no sentido de circulación habitual Labañou – Ronda de Outeiro – Birloque, e outro no inverso, Os Castros – Castrillón – Monelos – Eirís.

Noroeste Pop Rock

Os días 6, 7, e 8, de agosto celebraranse concertos en diversos escenarios. Como consecuencia poñeranse en servizo dous “Búhos”, un no sentido de circulación habitual, Labañou – Ronda de Outeiro – Birloque, e outro no inverso, Os Castros – Castrillón – Monelos – Eiris, saíndo o primeiro ás 23:30 e o último ás 01:30 horas.

Os días 9 e 10, os concertos celebraranse na praia de Riazor. Por tal motivo poñeranse en servizo dous “Búhos”, un no sentido de circulación habitual, Labañou – Rolda de Outeiro – Birloque, e outro no inverso, Os Castros – Castrillón – Monelos – Eiris, saíndo o primeiro ás 23:30 horas e o último ás 05:00 horas. Asemade instalarase unha parada provisional no Paseo Marítimo, á altura da coraza antes da intersección con Modesta Goicouría.

Batalla Naval

O día 14 con motivo da celebración da Batalla Naval poñerase o servizo nocturno cun intervalo de 15 minutos saíndo o primeiro ás 23:30 horas. A partir da 01:30 quedarán dous buses en servizo cunha frecuencia de 30 minutos sendo a última saída ás 05:00 horas.